Friday 03 de May de 2024

O Concello de Ordes inicia as obras de construción dun aparcamento na parroquia de Vilamaior


O investimento total para o proxecto ascende a 12.000 euros

O Concello de Ordes está a executar as obras correspondentes á construción do novo aparcadoiro situado na zona lindeira coa igrexa e o cemiterio parroquial de Santiago de Vilamaior. Unha intervención cuxo prazo de execución estímase en pouco máis de dous meses e coa que o Concello de Ordes, promotor da obra, pretende solucionar o déficit de zonas de aparcamento na zona. O investimento total ascende a preto de 12.000 euros.

A superficie da parcela é de 2029 metros cadrados e nela estanse a levar a cabo os labores de limpeza con medios mecánicos para refinado e preparación da base, ademais da compactación con capa de zahorra artificial. Para a correcta execución do proxecto levouse a cabo a demolición de distintas edificacións en estado ruinoso situadas dentro da mesma área (1 vivenda, 2 alpendres e tapado dun pozo de xurro). A este respecto preténdese rehabilitar unha edificación adxectiva para darlle uso relacionado coa igrexa e cemiterio lindeiros.